Friday 03 de May de 2024

Montserrat Paz recoñece o traballo dos cinco policías locais premiados polo programa Axente Titor


A concelleira de Seguridade Cidadá recibiunos en María Pita tras acadar unha distinción nacional

A concelleira de Seguridade Cidadá, Montserrat Paz, recibiu esta mañá en María Pita aos cinco membros da Policía Local da Coruña que foron recoñecidos o martes nos III Premios Nacionais ás Boas Prácticas do Programa Marco Axente Titor. Asistiron os axentes Lucía Crespo Barbeito, Jesús Rial San Isidro e Fabiana Salgueiro Silva.

Montserrat Paz trasladoulles a en hora boa e o recoñecemento de parte da alcaldesa, Inés Rey. “Contamos cun programa pioneiro a nivel galego e con profesionais do máis alto nivel, como queda reflectido con este recoñecemento”, sinalou a concelleira. As persoas que recibiron este recoñecemento foron o oficial César Luis Castro Freguela e os axentes Paula López Vila, Lucía Crespo Barbeito, Jesús Rial San Isidro e Fabiana Salgueiro Silva.

O programa Marco Axente Titor arrancou no ano 2001 e céntrase na intervención no ámbito da protección ao menor e a prevención no entorno escolar. O seu obxectivo é resolver conflitos da infancia e adolescencia ante problemáticas vencelladas ao medio aberto, ao medio tecnolóxico, ao medio ambiente ou posibles adiccións ás drogas.